Eduardo Castro
A Vitis balbiana apareceu na Terra no
Terciario (65.000.000 de anos). A Vitis
vinifera chegou máis tarde. O home fixo das vides salvaxes viñas
cultivadas. Traballou, podou, inxertou, vendimou, pisou as uvas, esmagounas e,
o zumo así obtido, bebeuno, toda unha cultura. As uvas eran pisadas cos pés, de
seguro nos “lagares cavados na rocha”, esmagadas e máis tarde prensadas,
técnica que xa cos romanos se foi perfeccionando, e chegou hasta os tempos
actuais.
Xosé Posada
no seu libro “Metafísica del vino”, faise eco dun pasaxe bíblico, que dice Noé
plantou a primeira viña e colleu a primeira borracheira. Castigou o seu fillo
Cam, a servir ós seus irmáns Sem e Jafeth, non o deseredou, especializáronse en
viño e puxo a primeira taberna, fíxose rico.
Os babilonios
por o ano 5.000 a. C. Tiñan os xardíns colgantes cheos de parras, que debían
ser coma vides altas, tipo Salnés ou viño verde. Uns 4.000 anos a. C. Pasou o
viño a Exipto, tamén en parras.
 |
Eduardo Castro en lagares de Oímbra e Medeiros |
Grecia co
Deus Dionisios, Roma con Baco. Tanto gregos como romanos bebían viño, pero
misturado con auga.
Estrabón
redacta a súa xeografía no fin do século I a. C. Pero recolle noticias moito
máis antigas. Dice dos galaicos “están escasos de viño e o que conseguen
gástano rapidamente en festas coas familias”, dice tamén, que o bebían ata as
mulleres, puro, sen misturar en auga.
O gran poeta
galego Manuel María, dice no prólogo do libro Metafísica del Vino, de Xosé
Posada, “Entre os nosos coñecimentos posuíamos un irrefutábel: Do único que non
se pode dubitar é do viño. Na Galiza cultívase desde sempre”.
Dicen que Noé
chegou a terra despois de pasar na auga cento cincuenta días, dos que choveu
moito en corenta, con corenta noites, rodeado da súa familia e moitos animais
de tódalas especies. Plantou a viña vendimouna exprimíu a uva e fíxoa
fermentar. Parece que sempre se pisou, exprimíu e logo prensou, de seguro en
“Lagares cavados na rocha”, rupestres.
Son de moitas
maneiras, redondos, ovalados, irregulares, cuadrados, rectangulares. Dimensións
entre 2 x 3, ancho – longo e 0’5 ou 0’1 de profundidade. Teñen unha pileta ou
calcatorium onde se pisan as uvas, canle ou bicorollo que o une co pío,
depósito para recoller o mosto, case sempre pechado, rectangular ou oval que
obrigaba a usar un pelexo, dorna, canado, ola, vasixa..., para recoller o
líquido e levalo ás casas ou adegas.
Don Xesús
Taboada, na súa separata do Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense, tomo
XIV, anos 1943/44, El Castro de Medeiros, di na páxina 9, “La construcción
llamada Os vidros, es indudablemente un lagar del tipo que sin variación, ha
perdurado hasta nuestros días. Hay hata unos treinta en los alrededores del
castro... Di tamén que a persistencia de esti tipo a través de épocas moi
diversas non permite datalos con exactitude. Conta que neles atopouse cerámica
romana e o sistema de prensa é de tradición romana.
Os paisanos
chámanos lagar dos mouros, lagar romano ou soio lagar. Témolos atopado, case
sempre en sitios onde houbo viñas, en termos que hoxe chaman, Os Lagares, As
Viñas, Os Bacelos, Cortiñas do Lagar e cousas así, sempre relacionadas con
vides ou viño. Penso que os nosos antigos facían na viña unha especie de mosto
branco ou clarete, logo aprenderon a fermentar ben e separaron o branco do
tinto.
Dícenme
algúns paisanos, que tamén eran de aceite, e en dous casos, un na Pedrosa
(Cualedro) e outro en Oímbra, eran de liñaza.
Federico
Justo Méndez ensinoume o primeiro lagar rupestre en Medeiros (A Chaira), hoxe
identificado coma GA32050042, é un dos que dicen os veciños era tamén de
aceite. Pode ser, o pío onde se recollía o líquido ten dous niveis, coma para
recoller por decantación, botando auga quente na pileta ou clacatorium, que
logo queda no fondo do pío.
Busquei logo
lagares, máis de dez anos, sempre acompañado de amigos tan curiosos coma min
nas cousas da historia e do medio ambiente, o Reigada, o Feijoó de Oliveira, os
Vega, Bergantiños, Estévez, Nipis, falando con xente das aldeas, montes, campos
e camiños.
Esas pedras
nas que se facían viños, difícil poñelas no tempo, medievais, romanos ou no
tempo dos mouros, esa xente que moraban aquí cando viñeron os romanos, e que os
lugareños coñecen por “mouros”.
No pasado
ano, nun proxecto de posta en valor de recursos turísticos, Portas de Galicia:
Xeodestino Verín – Viana encargoulle aos historiadores – arqueólogos Alberte
Reboreda Carreira e Eduardo Breogán Nieto, co documentalista Víctor Rodríguez
Muñiz, a prospección arqueolóxica, e documentación de lagares rupestres na
Comarca de Monterrei (Ourense). Colaboramos nesta investigación, o colectivo
ecocultural Rexiomontanos do que fago parte.
Informe-Memoria
Prospección Arqueolóxica e Documentación de Lagares Rupestres na Comarca de
Monterrei (Ourense):
* O Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral de
Patrimonio da Xunta
de Galicia recollía nesta comarca, ata o momento actual, a existencia dos lagares rupestres que a continuación se relacionan:
a) Lagares rupestres (3) de Vilar (Monterrei)- GA32050037
b) Lagar rupestre da Carreira Blanca2 (Monterrei)-
GA32050042
c) Lagar rupestre da Porbaila / O Forno (Oimbra)-
GA32053005 O topónimo da paraxe na que se localiza este lagar
é, en realidade, A Chaira, e así se consigna agora na ficha.
d) Lagar dos Mouros / Lagar do Outeiro de Penalonga3
(Oimbra)-GA32053007
e) Lagar rupestre das Poulas do Outeiro4 (Oimbra)-
GA32053006
f) Lagar rupestre da Capela de San Antón (Verín)-
GA32085050
g) Lagar rupestre e cova de Felgoso (Verín)-
GA32085036
* A maiores documentamos na comarca os lagares que seguen:
Lagar rupestre da Burrequiña, Sta María de
Monterrei, Monterrei
Lagar rupestre de Casa do Tomás, Medeiros, Monterrei
Lagar rupestre de Os Pilos Sta María de Monterrei,
Monterrei
Lagar rupestre do Castro de Medeiros, Medeiros,
Monterrei
Lagar rupestre dos Bridos, Medeiros, Monterrei
Lagar rupestre do Outeiro dos Bideiros, Medeiros,
Monterrei
Lagar rupestre de A Fecha, Bousés, Oímbra
Lagar rupestre de A Quinta, O Rosal, Sta María de
Oímbra, Oímbra
Lagar rupestre de Atapadiña, Sta María de Oímbra,
Oímbra
Lagar rupestre de As Taralleiras, Casas dos Montes,
A Granxa, Oímbra
Lagar rupestre de A Granxa, Oímbra
O topónimo da paraxe na que se localiza este lagar
é, en realidade, A Ribeira de Fornos, e así se consigna
agora na ficha.
O topónimo da paraxe na que se localiza este lagar
é, en realidade, A Tapadiña, e así se consigna agora na ficha.
Machada, Casas dos Montes
Lagar rupestre de O Patulo, Casas dos Montes, A
Granxa, Oímbra
Lagar rupestre de As Viñas, A Granxa, Oímbra
Lagar rupestre de A Cortiña do Lagar, Videferre,
Oímbra
Lagar rupestre de Ceche, Videferre, Oímbra
Lagar rupestre do Penedo da Vela, Videferre, Oímbra
Lagar rupestre da Ribeira de Fornos, Sta María de
Oímbra, Oímbra
Lagar rupestre de Xan Preto, Sta María de Oímbra,
Oímbra
Lagar rupestre do Carregal, Sta María de Oímbra,
Oímbra
Lagar rupestre do Pina, O Rosal, Sta María de
Oímbra, Oímbra
Lagar rupestre de O Souto, Lagar dos Mouros, San
Cibrao, Oímbra
Lagar rupestre de Arzán, Espiño, Videferre, Oímbra
Lagar rupestre de O Trughán, San Millao, Cualedro
Conxunto de lagares rupestres (3) de A Baira, San
Millao, Cualedro
Lagar rupestre de O Santo, A Pedrosa, A Xironda,
Cualedro
Lagar rupestre de A Teixugueira, Mandín, Verín
Lagar rupestre do Río de Fornos, Riguifornos, Feces
de Cima, Verín
Lagar rupestre de Cabreira, Cabreiroá, Verín
Lagar rupestre de O Pozo do Demo, Cabreiroá, Verín
Tipoloxías
Tomando como factor diferenciador a localización, os lagares apareceren maioritariamente de forma unitaria, mais existen algúns
conxuntos espectaculares de dous e incluso tres exemplares, como no caso dos lagares de Vilar
(Monterrei).
Se atendemos á súa funcionalidade, a diferenza do que acontece cos
lagares de La Rioja,
cómpre distinguir dúas modalidades ben diferenciadas:
• Lagares de pisado: son unha minoría na comarca, e
constitúen os exemplos máis
arcaicos e primitivos de todos os exemplares documentados.
• Lagares de prensado: son os máis numerosos; contaron
cunha estrutura de prensado
mecánica que se encaixaba nuns encastres laterais á pileta principal.
Temos localizado xa tres máis, en As Chas, Medeiros
e Videferre, e pode haber algún en Terroso, As Chas, Videferre, A Granxa e
Bouses.
Conta o Profesor Adérito Medeiros Freitas, no seu
libro Lagares cavados na rocha, que cando preguntaba nas aldeias por lagares as
xentes decían que por alí non había, tiñan perdida a memoria da súa existencia.
Pasounos igual, os lagares de Valpaços e de Monterrei son case iguais,
lagaretas, pías, dornas, bicorollo. El escribe o libro en 2010 pero o primeiro
cntacto cos lagares foi en setembro de 1980, co Prof. Dtor. Santos Junior nas
proximidades do Castro de Curalha (Chaves), logo outro en Panoias descrito por
Santos Junior, quer describe tamén Rodríguez Colmenero no seu libro O Santuario
Rupestre Galaico Romano de Panoias (1999) “Espazo cultural ou lagar agrícola.
Dice que tamén a finais dos 80 lle diu Santos Junior catro fotografías, feitas
o 18 de agosto de 1960, a un lagar cavado na rocha en Chaves, na Quinta da
Condeixa.
Nos temos visto moitos en aldeas fronteirizas, Vilar
de Perdizes, máis de dez, no Cambedo tres, em Vila-Verde-da-Raia dous, e
decimos pode haber algún por Lamadarcos e Mairos.
Nesto do viño parecémonos tamén moito deste e do
outro lado da Raia. Somos Galaico – Transmontanos.
Eduardo Castro