O sábado 21 de marzo, deputados e dirixentes de oito forzas políticas asinaron unha declaración en Monterrei, comprométendose a recuperar a fortaleza para uso cultural e a desenvolver todas as actuacións posibles para poñela en valor ao servizo da cidadanía.
Estiveron representados: PSdG-PSOE; BNG; EU; ANOVA; AGE; Ciudadanos; CxG; Podemos e 'Veciños de Monterrei'.
DECLARACIÓN DE APOIO DOS GRUPOS POLÍTICOS
AO USO CULTURAL DA FORTALEZA DE MONTERREI
Os abaixo asinantes, en representación dos partidos políticos
galegos, comprométense a traballar, apoiar e tomar todas as medidas posibles no
seu ámbito de competencia para:
- Adicar o castelo a fins culturais e de promoción turística
da comarca de Monterrei, tal e como se recollía no contrato de cesión asinado
pola Xunta e o Estado central no ano 2010.
- Desenvolver as actuacións necesarias para conservación e
posta en valor do monumento recollidas no Informe do Consello da Cultura Galega
e nos escritos das Facultades de Historia das Universidades de Santiago e Vigo,
redactados a instancias da Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de
Monterrei:
-
Protección legal máxima para todo o conxunto, que dado o seu valor patrimonial
e singularidade, precisa dunha figura de protección que redunde no estudo,
conservación e difusión da zona, polo que debe ser clasificado como Conxunto
Histórico.
-
Redacción e desenvolvemento dun Plan Director co obxectivo de por en valor toda
a acrópole, incluíndo as casas particulares e o espazo entre murallas,
reservando o castelo para uso cultural e lúdico.
-
Creación dun Padroado coa participación das autoridades, institucións
educativas-culturais e asociacións cidadáns que promova a posta en valor e
supervise a xestión do monumento.
-
Redacción dun Plan de Rehabilitación e adecuación dos espazos edificados e
naturais coa necesaria dotación orzamentaria, que faga da acrópole un espazo
atractivo para o lecer e a aprendizaxe da cidadanía.
-
Promoción dos valores culturais e turísticos do recinto de Monterrei,
conectándoos a outros moitos existentes na comarca, co obxectivo de fomentar as
visitas turísticas e educativas.
En Monterrei, a 21 de marzo de 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario