Fernando Serrulla é un vasco de Monterrei. Desde que chegou a nosa terra sempre amosou admiración e compromiso co noso patrimonio cultural e natural. Desde hai algún tempo alégranos os sentidos cos vídeos que sube a súa canle de youtube, onde deixa constancia da fermosura das nosas paisaxes cunhas marabillosas fotos acompañadas dunha non menos excelente música.
Subo aquí o vídeo da súa ruta por Vilardecervos, pero podedes ver máis aquí.
E se queredes saber máis das minas, premede aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario