"O futuro está na orixe"

Bea Comenda, decana da Facultade de Historia de Ourense

xoves, 29 de xaneiro de 2015

Os Vellarrois (A Veiga do Seixo e Castrelo de Cima- Riós)

No lugar de Veiga do Seixo (Riós), en tempos de Entroido, saían unhas máscaras, hoxe desaparecidas, chamadas vellarrois. Compúñanse dunha carauta feita de forte cartón, que representaba unha faciana humana, na que resaltaba un longo e afiado nariz, con bigotes e barba feitos de la de ovella de cor negra; destacaban tamén, pintadas, as cellas e as pestanas, e na boca –entreaberta– unha branca dentadura; nas partes laterais da carauta púñanlle unhas grandes orellas de papel dobrado en forma de acordeón. A parte posterior era recuberta con papel de cores chamativas. A carauta levaba enriba unha especie de pucho, en forma de coroa real, feita de vimbios entrelazados e enfeitados con papeis de cores que eran pegados con masa feita de farelos e auga. Remataba a coroa unha escarapela da que penduraban moitas fitas de cores. Na base frontal da coroa –preto da carauta– colocábanse chamativas e variadas postais.

O traxe levaba unha camisola (camiseta de felpa), enfeitada con fitas de papeis de cores que formaban un debuxo en ángulo, rematando o vértice case que na cintura, por debaixo do peito tiña unha especie de escarapela da que penduraban fitas de cores; nos hombreiros tamén levaban escarapelas das que igualmente penduraban fitas de cores. O calzón (de felpa), era enfeitado coséndolle cintas de papeis de seda, ou rizado de varias cores, formando liñas horizontais. No pescozo levaba un pano de cor branca, e na cintura unha faixa, tamén de cor branca, debaixo dun cinto con esquilas. Nas pernas levaba polainas de coiro ata os xeonllos, abrochadas con febillas, e nas mans luvas de cor branca. Portaba un farrampo ou tralla, que se asemellaba a un mallo, feito cun mango de pau e unha tira de pel, ás veces forrada con tea de saco de esparto. Co farrampo zorregaban a cantos atopaban polas rúas ao seu paso.
Estas máscaras –en grupo– saían a pedir as viandas e mesmo cartos pola aldea e os lugares veciños, para logo facer un xantar entre todos os mozos, co recolectado, o Domingo de Piñata. Xerardo Dasairas ao falar do entroido no Val de Monterrei (O Entroido en Terras de Monterrei, ed. do Cumio) dá conta de que estas máscaras tiñan por costume xuntarse para logo ir todos enmascarados, en grupo, á capela onde estaba a imaxe de Santa Ana, e de seguido daban unha volta arredor da capela, pedindo que a Santiña lles dera sorte nas súas andaduras petitorias pola contorna, e segue dicindo que en ocasións, pernoctando no camiño, percorreron os lugares de Pena do Souto, O Navallo, Castrelo de Abaixo, Covelas, As Vendas da Barreira, e mesmo San Lourenzo e Pentes, xa no concello da Gudiña, como aínda recorda hoxe algún paisano entrado en anos.
O grupo de enmascarados (vellarrois), era acompañado pola madama, moza disfrazada ou engalanada con elegantes roupas, e tamén por un farrampón, mozo disfrazado con roupas vellas e a faciana tapada, este farrampón era o que se encargaba de recoller os aguinaldos de porta en porta.
Subliñar que no veciño lugar de Castrelo de Cima (tamén do Riós) había unha máscara idéntica á da Veiga do Seixo, chamada tamén vellarrón, só que en vez de estar enfeitada con papeis de cores, estaba adornada con tiras de tea de distintas cores combinadas. A ritualidade que empregaba era a mesma ca a da Veiga do Seixo. A xente cando pasaba dicíalle ¡Vello, vello, vellarrón, mete os cartos no bolsón!, era para que gardara os cartos que algúns lle daban (que naquelas datas serían máis ben poucos); polo mesmo motivo e de parecida forma lle dicína aos cigarrois no Val de Verín: ¡Cigarrón, lapón, mete os cartos no bolsón! Confeccionaban moi ben estas máscaras en Castrelo de Cima, entre outros, o Sr. Manuel d'Anta, de alcume 'O Mudo', o Sr. Francisco Gago, o Sr. Francisco Vaz, axudados para facer a vestimenta pola Sra. Mª Rosa e máis Sra. Aurora da Tía Luisa. De preparar a comida encargábanse por veces a Sra. Concepción, a Sra. Aurora e a Sra. Edelmira. O Luis do Tío Silvino desempeñaba moi ben o papel de farrampón, ás veces acompañado por un cadelo todo traxeado. Cada un confeccionaba a súa máscara, con segredo e tratando sempre de que fora mellor engalanada ca a dos outros veciños; así o conta Antonio Gago, natural deste lugar.

Mitos, crenzas e costumes da raia secaA máxica fronteira Galego-Portuguesa; José Rodríguez Cruz, Antonio Lourenço Fontes; editorial Ir Indo (2004) pax. 281-283

«Hacer la careta del Vellarrón me da vida»

Entrevista | Adelino Rodríguez Martínez PROFESOR DE RIÓS

  • Angelines González Verín La Voz de Galicia


Adelino Rodríguez junto a la careta del Vellarrón en Verín
Adelino Rodríguez Martínez ha colaborado en la recuperación del traje típico del Entroido de su municipio, Riós, el Vellarrón. Después de un amplio y minucioso estudio ha elaborado la careta de esta máscara. Para recuperar la cultura carnavalesca del municipio ha enseñado a confeccionar la careta y se prepara para impartir enseñanzas dentro de un nuevo curso.
-¿En Riós hay muchas caretas de Vellarrón?
-Yo tengo dos y en un curso hemos elaborado doce réplicas que sirven como adorno. Para el Entroido de este año no tenemos suficientes trajes y caretas porque aún estamos comenzando con la labor de recuperación del Vellarrón. El Concello está preparando un curso con el que los vecinos podrán aprender a crear todas las piezas que forman el Vellarrón. Yo enseño a elaborar la careta, del resto del traje se encarga otro equipo.
-¿El Vellarrón es parecido a alguna otra máscara de localidades próximas?.
-Considero que es muy parecido al de Viana o Vilariño de Conso.
-¿Dónde encontró información del Vellarrón?
-En el pueblo de A Veiga do Seixo hay una familia que facilitó detalles del Vellarrón y poco a poco fuimos creando el traje. Hoy ya se puede ver un Vellarrón completo, aunque no es suficiente para organizar una comparsa de Carnaval. En próximas ediciones espero que podamos contar con un buen número de trajes en Riós.
-¿Qué le aporta la confección de la careta?
-Una gran satisfacción. Me da vida porque estoy jubilado y paso muchas horas en el taller creando la careta. Me hace mucha ilusión que se recupere el Entroido de Riós, el Vellarrón y las tradiciones de los pueblos. Desde pequeño me gusta mucho el Entroido.
-¿Necesita mucho tiempo para crear la careta?.

-Bastante. La careta es muy laboriosa, pero económicamente no cuesta mucho.



Ningún comentario:

Publicar un comentario