Artigo
3º.-ÁMBITO XEOGRÁFICO: A Asociación, en
funcións dos seus fins e alcance, exercerá fundamentalmente as súas actividades
no ámbito da Comarca de Monterrei, no que quedan comprendidos os concellos de:
Monterrei, Verín, Oímbra, Laza, Castrelo do Val, Vilardevós, Riós e Cualedro,
se ben tamén terá como zonas de influencia e actuación, as comarcas limítrofes
da Limia e Conso-Frieiras, o norte de Portugal, e en xeral toda Galicia.
Artigo
5º.-FINS: entidade sen ánimo de lucro co obxectivo principal de investigar,
promover, divulgar, apoiar e defender calquera aspecto cultural, patrimonial,
científico, artístico ou natural que
fundamentalmente afecte ou interese á comarca de Monterrei (Ourense), ao
seu desenvolvemento e promoción, e calquera outro que incida na mellora da
calidade de vida dos seus habitantes.
En
particular (con carácter enunciativo e non limitativo), a asociación:
1.
Fomentará o coñecemento,
difusión, defensa e promoción do importante patrimonio histórico, artístico,
monumental, antropolóxico, cultural e natural da Comarca de Monterrei, e velará
polo seu mantemento e conservación.
2.
Investigará e defenderá o medio
ambiente, e de xeito especial os nosos ríos, bosques e demais paraxes naturais.
3.
Promoverá especialmente a
colaboración con entidades culturales, científicas e artísticas das comarcas
limítrofes e do norte de Portugal.
4.
Poderá organizarse en seccións tales
como HISTORIA E PATRIMONIO, PATRIMONIO INMATERIAL E ANTROPOLOXIA,
PATRIMONIO NATURAL, ARTE, ENOLOXIA,
MODA, HIDROLOXÍA ….etc
5.
Poderá acordar a creación
temporal de GRUPOS DE TRABALLO MULTIDISCIPLINARES para actividades específicas,
cando o considere necesario, como a defensa do Patrimonio Cultural (PC) ou o
Patrimonio Natural (PN)
6.
Cooperará con institucións
académicas, autoridades, fundacións, outras asociacións, e persoas no obxecto e
fins desta Asociación.
7.
Cooperará cos centros
educativos da comarca para fomentar o coñecemento e valoración do patrimonio
entre o alumnado
8.
Promoverá a participación
activa dos veciños e veciñas na defensa dos recursos patrimoniais e naturais
que lles pertencen.
9.
Promoverá toda clase de
publicacións, en papel ou online: organizará conferencias, xornadas, congresos,
exposicións, viaxes de estudio, publicará monografías, revistas, documentais…
10.
Promoverá a catalogación do PC
e PN coa creación de Arquivos Históricos, Arqueolóxicos, Biolóxicos,
Etnográficos ou Artísticos a fin de conservar na comarca fontes documentais de
consulta abertas aos investigadores que o soliciten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario