Como enclave estratéxico que sempre foi, Monterrei tivo ao longo da súa historia un importante papel no desenvolvemento da comarca Tamagana. Coñecido como Castrum Baroncelli primeiro e como fortaleza medieval despois, Monterrei acolleu entre as súas defensas pétreas, a nobres, guerreiros, relixiosos e vasalos. A conxunción destes estamentos sociais en determinadas épocas da historia fixo desta fortaleza un importante foco cultural con tras conventos. As escolar monásticas e o establecemento de dúas impresas son quizais as máis nobres produccións que aquí se levaron a cabo, contrastando co papel defensivo e militar que a historia lle tiña asignado. Se nos seus momentos de esplendor, Monterrei atraeu o interese literario, non menos certo é que na súa decadencia e ruina seguiu a provocar os máis acesos sentires da man da poesía, da lenda ou da cantiga.
No fío da lenda destacan as xeneradas pola estancia do Rei don Pedro I <<O Cruel>>, as referentes á máscara do Cigarrón ou a do franciscano poseso. Vén ao caso referir aquí a da innominada condesa que gostaba de se recrear coa paisaxe do Val. Un día ficou cega e o seu marido, o conde, prometeu erguerlle unha capela á Virxe no lugar que a dama primeiro avistase despois de recobrala. Fíxose o miragre e o lugar onde o conde tivo que erguer a capela foi o posteriormente coñecido como A Caridade. Entre as moitas cantigas alusivas a este santuario destaca unha moi coñecida que quizais relembre o milagre antes relatado:
Monterrei está nun alto
e Verín nun baixo está
e alá nun campiño raso
a Virxe da Caridá
(pax. 117) (...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario