O recoñecido artista verinés
Fernando Barreira Mateo, doou á Plataforma Cidadá para a Defensa do Castelo de
Monterrei unha serie limitada de 200 serigrafías numeradas e asinadas da súa
obra "O soñador de tempos", na que plasma a súa visión da situación
que se está a vivir dende que a Xunta anunciou o pasado mes de febreiro que se
construirá un Parador de turismo nas zonas nobres da fortaleza, e que levou a
formar a Plataforma, oposta a este uso, que non á rehabilitación do
monumento.
O autor cedeu todos os dereitos á
Plataforma ca intención de recadar fondos para poder seguir adiante cas accións
que se están organizando para procurar frear este proxecto.
Para informarse da traxectoria,
traballos, exposicións e premios do autor pode consultarse a súa páxina web
http://www.fernandobarreiraobra.com/
As persoas que queiran ter
máis información e/ou mercar as serigrafías poden contactar con nós mediante os correos electrónicos:
plataformacastelo@gmail.es, edumonterrei@gmail.com; ou por mensaxe ao Facebook: Defensa do Castelo.
Cada elemento que completa a obra ten un significado en relación cos diferentes acontecementos que se veñen sucedendo dende que comezaron as protestas e distintas accións levadas a cabo pola Plataforma. Por outra banda hai detalles que quizais só os que coñecen o Castelo e viviron ao seu arredor poderán atoparlle o sentido que Fernando Barreira lle quixo dar. Agora que posiblemente, "O soñador de tempos" poderá ter tantas interpretacións como persoas intenten analízalo.
- Que ves ti no cadro? como o interpretarías? Deixa voar a túa imaxinación, os teus soños!!!
Escribe un comentario coas túas sensacións, coa túa lectura da obra, todas son correctas!!!
Escribe un comentario coas túas sensacións, coa túa lectura da obra, todas son correctas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario