En Santiago os actores de Avelaíñas Xosé Eixo e José Luis Leal foron os que nos guiaron, tal e como se ve no vídeo. Despois de facer eles os papeis, dividíronos aos asistentes en dous grupos que se ían dando a réplica.
É un texto emocionante, que gaña moito cando se pon énfase, cando se berra para que nos escoiten os que mandan. Un canto a nosa terra, ao noso patrimonio, a nosa identidade, fronte á invasión de elementos alleos que o deturpan, simbolizado neste caso no noso castelo. Orgullosos do noso, queremos seguir sendo galegos e gozar das nosas calidades, da nosa natureza, das nosas paisaxes, das nosas pedras que falan de nós, do noso castelo.
Actividade:
1. Le o texto e anota as palabras cuxo significado descoñezas, preguntándolle o significado ao mestre/a.
2. Debuxa unha táboa con dúas columnas, nunha delas pon os termos que aparecen no texto que son propios de Galicia, e na outra os alleos, importados de fóra.
3. A quen se dirixe cando pregunta: conseguiredes mercar o Ceo?; conseguiredes mercar a ledicia?; e que non vos importa a desaparición do ben común?
4. Contesta ás preguntas do final do texto: Como se pode mercar a noite estrelada?; Como se pode mercar a calor da Terra?; como se pode mercar a fermosura dun carballo?; como se pode mercar o patrimonio cultural que nos iguala?
5. A que soa o canto dos paxaros en liberdade?; que sentes cando oles o pan recén feito, ou a herba recén segada?; a que sabe o vento entre as árbores a carón dun río?
6. En grupos de dous, interpretade o texto dúas veces, póndolle paixón, con entusiasmo.
7. Dividir a clase en dous grupos, facendo cada un os papeis 1 e 2, respectivamente,
8. Coa axuda do profesor/a debatide sobre o significado do texto representado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario