"O futuro está na orixe"

Bea Comenda, decana da Facultade de Historia de Ourense

mércores, 1 de outubro de 2014

Un castelo para todas e todos

Na concentración celebrada pola Plataforma en Santiago o 21 de maio do 2014, e ao final do 'abrazo ao castelo' na Romaría do 12 de xullo representamos unha pequena peza teatral, con guión de Afonso García, director do grupo de teatro escolar do IES Antón Losada da Estrada. En principio dous actores fan os papeis 1 e 2, respectivamente, coa intervención de todas no retrouso 'Un castelo para todas e todos'.
En Santiago os actores de Avelaíñas Xosé Eixo e José Luis Leal foron os que nos guiaron, tal e como se ve no vídeo. Despois de facer eles os papeis, dividíronos aos asistentes en dous grupos que se ían dando a réplica.
É un texto emocionante, que gaña moito cando se pon énfase, cando se berra para que nos escoiten os que mandan. Un canto a nosa terra, ao noso patrimonio, a nosa identidade, fronte á invasión de elementos alleos que o deturpan, simbolizado neste caso no noso castelo. Orgullosos do noso, queremos seguir sendo galegos e gozar das nosas calidades, da nosa natureza, das nosas paisaxes, das nosas pedras que falan de nós, do noso castelo.

Actividade:
1. Le o texto e anota as palabras cuxo significado descoñezas, preguntándolle o significado ao mestre/a.
2. Debuxa unha táboa con dúas columnas, nunha delas pon os termos que aparecen no texto que son propios de Galicia, e na outra os alleos, importados de fóra.
3. A quen se dirixe cando pregunta: conseguiredes mercar o Ceo?; conseguiredes mercar a ledicia?; e que non vos importa a desaparición do ben común?
4. Contesta ás preguntas do final do texto: Como se pode mercar a noite estrelada?; Como se pode mercar a calor da Terra?; como se pode mercar a fermosura dun carballo?; como se pode mercar o patrimonio cultural que nos iguala?
5. A que soa o canto dos paxaros en liberdade?; que sentes cando oles o pan recén feito, ou a herba recén segada?; a que sabe o vento entre as árbores a carón dun río?
6. En grupos de dous, interpretade o texto dúas veces, póndolle paixón, con entusiasmo.
7. Dividir a clase en dous grupos, facendo cada un os papeis 1 e 2, respectivamente,
8. Coa axuda do profesor/a debatide sobre o significado do texto representado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario